Xa fai un ano dende a primeira quedada. Queremos que sexa unha tradición, polo que necesitamos que nos axudes a escoller un sitio e unha data para facela. Queremos que veña o maior número de xente, así que xa sabes non dubides en comentar.
Barallamos dúas posibilidades, Porto (Dr. Francisco Sá Carneiro) e Santiago de Compostela (Lavacolla).
Porto é un aeroporto con moito tráfico e moi divertido para facer Spotting. Sempre hai moita afluencia de spotters portugueses e de seguro que esta vez non será menos.
Santiago é un aeroporto de sobra coñecido polos spotters galegos, non ten tanto tráfico como Porto, pero é un aeroporto galego, e a morriña xa se sabe.
Como data barallamos as dúas seguintes: Sábado 11/07/2009 e Domingo 12/07/2009.
¿ Cal vos parece a mellor opción ?
Resultados finais:
Aeroporto: Porto 5 votos, Santiago 3 votos, en Branco 1 voto
Día: 11/07/2009 1 voto, 12/07/2009 4 votos, en Branco 4 votos
En definitiva vémonos en Porto o día 12/07/2009. Estade atentos á publicación da organización da hora, etc.
Gallaecia Spotters GallaeciaSpotters, Quedadas porto, quedada, santiago, spotting