O primeiro susto da historia da Red Bull chegou hoxe en Perth. O rookie Adilson Kindelmann perdeu o control do seu MXR-S e precipitouse á auga.
A rápida resposta dos mergulladores e das patrullas de rescatadores da Red Bull fixo que o que parecía unha traxedia rematase nunha mera anécdota. Todos os pilotos felicitaron á organización pola rápida e efectiva resposta durante o rescate do piloto, o que demostrou que para a Red Bull Air Race a seguridade é a súa máxima prioridade.
Esperemos que isto non faga que este fin de semán non se poida disfrutar dunha nova e emocionante carreira na cidade de Perth (Australia).
A Red Bull Air Race 2010 xa ten calendario. Este ano despegará de Abu Dhabi.
Despois de que o ano pasado estuvesemos en Porto e Barcelona, este ano tocaranos visitar Lisboa e Barcelona, esperemos que non se quede nisto. Temos máis cidades en Europa, como poden ser Budapest y Lausitz.
Será tan espectacular como a do ano pasado ? Estará tan ben organizada ? Dende Gallaecia Spotters intentaremos estar nas máximas posibles e nas que non estemos, seguro que as disfrutaremos a través das fotos dos nosos amigos de Spotters Alliance.
Este fin de semana arranca en Abu Dhabi, ides a perdela ?
Despois dun fin de semana intenso en Barcelona, traemosvos un video resumo da final4 de Barcelona:
Foi unha carreira trepidante nun circuito imposible. Correr rápido facía que os pilotos cometesen erros e rompesen continuamente os pilóns. Na final Hannes Arch tivo que arriscar e destrozou un dos pilóns do Quadro. Ó final victoria de Paul Bonhomme e campeón do mundo por primeira vez, despois de quedar segundo nas dúas edicións anteriores.
Agora só queda esperar a carreira do ano que ven, na que teremos máis cidades, estarán en Barcelona de novo ?
Este fin de semana a Red Bull Air Race 2009 chega ó seu fin en Barcelona. A última cita da tempada e Alex Mclean ven moi motivado. Esperemos que poida facer un bo resultado!!
Polo momento temos que conformarnos en velo facendo unha intro sobre o circuito de Barcelona. Unha narración con velocidade ó límite!!. Está en inglés, pero merece a pena.
Nós estaremos disfrutando da competición en Barcelona! SMOKE ON!!!