O primeiro susto da historia da Red Bull chegou hoxe en Perth. O rookie Adilson Kindelmann perdeu o control do seu MXR-S e precipitouse á auga.
A rápida resposta dos mergulladores e das patrullas de rescatadores da Red Bull fixo que o que parecía unha traxedia rematase nunha mera anécdota. Todos os pilotos felicitaron á organización pola rápida e efectiva resposta durante o rescate do piloto, o que demostrou que para a Red Bull Air Race a seguridade é a súa máxima prioridade.
Esperemos que isto non faga que este fin de semán non se poida disfrutar dunha nova e emocionante carreira na cidade de Perth (Australia).
A Red Bull Air Race 2010 xa ten calendario. Este ano despegará de Abu Dhabi.
Despois de que o ano pasado estuvesemos en Porto e Barcelona, este ano tocaranos visitar Lisboa e Barcelona, esperemos que non se quede nisto. Temos máis cidades en Europa, como poden ser Budapest y Lausitz.
Será tan espectacular como a do ano pasado ? Estará tan ben organizada ? Dende Gallaecia Spotters intentaremos estar nas máximas posibles e nas que non estemos, seguro que as disfrutaremos a través das fotos dos nosos amigos de Spotters Alliance.
Este fin de semana arranca en Abu Dhabi, ides a perdela ?
Unha vez máis seguimos a Red Bull… 500000 espectadores e subindo !! Un espectáculo incrible, nunha cidade impresionante. Sol, praia, temperatura agradable, unha organización espectacular, para o ano queremos a Red Bull en Vigo!!!