Quero gañar un mundial para o meu mestre, Vytas Lapenas
Hoxe falamos de Cástor Fantoba, un dos mellores pilotos acrobáticos de España e recente campeón da Copa Triangular de Voo Acrobático.Ademáis é Enxeñeiro Aeronáutico e conta con varias habilitacións de avións comerciais, así como unha amplia experiencia en extinción de lumes. Cástor colaborou con Gallaecia Spotters para contarnos un pouco máis da vida dun piloto acrobático e darnos a súa opinión do Festival Aéreo de Vigo.
Gustariame gañar un mundial para dedicarllo ó meu maestro, Vytas Lapenas

Castor Fantoba / Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance
Ficha Técnica
Nombre: Cástor Fantoba
Edade: 43 anos
Lugar de Procedencia: Pamplona
Dedicación Profesional: Piloto de Liña Aérea
1.- ¿Por qué empezache como piloto? ¿Qué che impulsou ?
Casualidades, como todo na vida. Un amigo meu animoume a presentarme á Academia Xeral do Aire. Non conseguí ingresar, pero dende entón, dirixín os meus esforzos en voar.
2.- ¿De qué habilitacións dispós?
Son Piloto de Liña Aérea e dispoño de varias habilitacións de Boeing, B737, B757 e B767, ademáis da habilitación Agroforestal.







