Quen Somos
Somos un grupo de fotógrafos aeronáuticos que decidimos formar un grupo para ter máis voz en todos os eventos. Os membros temos traxectorias moi diferentes, algúns comezamos pola fotografía, outros pola aviación, pero todos mezclamos a aviación ca fotografía.
¿Qué facemos ?
Normalmente reunimonos ó redor de instalacións aeronáuticas, eventos e todo o que teña que ver ca aviación. Buscamos novos puntos de vista, novas instalacións e sobre todo novas máquinas ás que retratar.
Sempre tratamos de ir a novos de aeroportos e ós eventos os que podamos asistir. Nestas ocasións sempre facemos fotografías e tratamos de promocionalas por internet, para despertar o interese da xente por esta afición.
Tamén promocionamos o compañerismo entre todos e sempre tratamos de ensinar o que sabemos ós novos.
¿Qué regras temos?
Polo momento non existen regras de grupo, así como tampouco hai unha maneira de formar parte do grupo. Toda persoa que forma parte do grupo foi invitada e ata que definamos mellor o obxetivo final do grupo, seguirá sendo así.
A única regra que aplicamos é respeitar as normas alí a donde imos e sobre todo respeitar o medio natural. Temos que practicar a nosa afición en donde poidamos e queiramos, pero sempre respeitando o entorno no que nos atopamos.
¿Cal é o noso ámbito?
O grupo ten membros de toda Galiza e a intención é de que este sea o ámbito. Por outro lado non estamos pechados a colaborar con outros grupos nacionais e internacionais.
¿Qué podo facer eu?
Podes interesarte por esta afición e difundila cos teus propios medios, ou simplemente compartindoa e sacando fotografías.







