Inicio > Acrobacia, Air Shows > A Red Bull decidirase en Alemania

A Red Bull decidirase en Alemania

Martes, 13 de Xullo de 2010   Print This Post

Hoxe enteramonos de que Budapest tamén  é anulada, así pois a última carreira será o 7 e 8 de Agosto en Alemania, EuroSpeedway, Lausitz.

RBAR BudapestPerderemonos un espectáculo nun marco incomparable como é o río Danubio ó seu paso por Budapest.

Unha pésima nova para os amantes da Red Bull e da aviación deportiva en xeral. Despois da desaparición de Barcelona e da cancelación de Lisboa, Lausitz será a única oportunidade de ver a Red Bull en Europa.

Esperemos que non se cancele esta última carreira e polo menos teñamos un final do campeonato Red Bull emocionante e Hannes Arch loite por superar a diferencia de 5 puntos que lle separan de Paul Bonhomme.

Os motivos para a cancelación desta carreira foro os retrasos na obtención dos permisos para a celebración da mesma, igual que no caso de Lisboa.

Máis info:

Adrián Chapela Cordeiro Acrobacia, Air Shows Print This Post

  1. Ainda sen comentarios
  1. Ainda sen trackbacks.