Airbus durante a semán… o MD para disfrutar no fin de semán
Hoxe falamos con Félix Piquero, comandante de líña aérea. Estivo a punto de ser piloto militar, pero finalmente rematou ós mandos dun deses “grandotes” que cruzan o atlántico. Actualmente voa en Airbus, pero ten claro cal sería o seu avión de fin de semana. Queres saber algo máis ? Pois imos a coñecelo!!

Félix Piquero nalgún lugar do atlántico
Ficha Técnica
Nombre: Félix Piquero
Edad:32
Puesto: Comandante
Ser Piloto
1.- ¿Por qué quiso ser piloto? ¿Donde estudiou para ser piloto? ¿Que tivera sido se non fose piloto?
Bueno, dende que teño coñecemento encantaronme os avións. Meu pai é Enxeñeiro Aeronáutico no Exercito do Aire e eu crieime sempre entre avións. Aínda hoxe en día, cando escoito calquer avión teño que darme a volta para velo.
Estudiei en Aeromadrid, logo entrei no Exercito do Aire como piloto de complemento, posto ó cal nunca cheguei a incorporarme, xa que, unha aeroliña ofreceime traballo.
En canto a que tivera sido… quizais outra profesión nas forzas armadas, ou tal vez algo relacionado ca informática. O que estou seguro é que ainda que non fose piloto seguiría sendo un gran aficionado á aviación.
De non ser piloto, seguiría sendo un gran aficionado á aviación
2.- ¿Cambiarias o teu traballo por outro ?
Non, encantame a miña profesión. A aviación ten que ser vocacional, porque compaxinalo ca vida familiar é moi difícil de levar.
3.-¿ De qué habilitacións dispós ?
En vigor a do A330 e A320 , aínda que voei o A310, B747 e MD.
4.- ¿ Con qué avión te quedas ? ¿Por qué?
Pois é como os coches, depende para que. Cada avión ten as súas cousas boas e non tan boas. Nunca olvidarei ter voado o 747 e telo feito con OTV ( oficial técnico de voo) que se encargaba dos sistemas e que foi reemplazado por computadoras. Outro avión do que me sinto orgulloso de ter voado é o MD.

Airbus 340 levantando voo de Barajas
5.- Debemos facerche a eterna pregunta, ti probache avións dos dous fabricantes, ¿Boeing ou Airbus?
Cada fabricante ten os seus puntos a favor e en contra. Boeing xeralmente fai as cousas máis sinxelas. Aínda que Airbus simplificou moito a operación en cabina, o que axuda moito en momentos complicados.
Sempre digo que voaría Airbus de luns a venres, e os fins de semán iría a voar co meu MD.
6.- ¿Pilota algún avión ademáis dos comerciais ? gustaríache ?
Con 17 anos empecei a facer voo sen motor. É unha experiencia única, recoméndolla a todo o mundo. Teño unha imaxe gravada na miña mente: ascendía nunha térmica,e estaba moi concentrado no variómetro, intentando centrar a térmica, nun momento dado mirei hacia a miña esquerda e atopeime voando en formación con dous voitres. Actualmente debido ó pouco tempo xa non voo, pero gustaríame retomalo.
…atopeime voando en formación co me velero e 2 voitres…
7.- Que hai da acrobacia, atraeche ? ¿probachea?
Non máis alá das manobras semi-acrobáticas que podía facer o velero. Atráeme, e é outra asignatura pendente que teño.
8.- ¿Canto tempo leva traballando? ¿En qué tipo de aerolíñas estiveches?
Agora mesmo levo 10 anos traballando . So estiven nunha aerolíña, ó principio dedicada ó mercado chárter e agora mesmo ó regular.
O teu traballo
9.- ¿Qué limitacións tes por ser piloto? ¿Qué non podes facer?
Por exemplo non podes beber alcohol 8 horas antes de voar, aínda que o recomendable son 12 horas, así que non podo nin tomarme unha caña cun amigo 12 horas antes de voar, ainda que para min non supón unha limitación. Por suposto debes descansar ben antes de voar. Os voos de 12 e 13 horas son moi longos e hai que administrar o descanso do voo.
Ademáis debemos realizar un recoñecemento médico anual, ó que chamamos “facer o CIMA” (Centro de Instrucción de Mediciña Aeroespacial). Esta expresión ven de cando antes este recoñecemento so se podía facer en dito centro, e todos os pilotos españis, militares e non militares, pasaban por este centro para realizalo. Temos que cuidarnos, cousa que debería facer todo o mundo, non so os pilotos. A periodicidade de este recoñecemento pasa a 6 meses a partir dos 40 anos de edade.
10.- ¿Cambiou algo o teu traballo ó pasar a ser comandante?
Tanto o comandante como o copiloto son capaces de levar o avión dende o punto A ata o B. O que realmente cambia cando pasas a ser comandante é que recae sobre ti toda a responsabilidade do voo.
11.- ¿Qué diferencia hai entre un voo nacional (medio ou corto radio) e un voo transoceánico, en canto a papeleo, preparación e precaucións previas ó voo?
O voo transoceanico require dun despacho máis exhaustivo. Máis se cabe, si o fas cun bimotor ( voo ETOPS, Extended-range Twin-engine Operation Performance Standards ou a súa traducción ó galego normas de rendimento operativo de bimotores en voos longos ). Neste caso tes que comprobar os minimos ETOPS dos aeroportos alternativos que son maiores que os mínimos normais, comprobar se cruzas algún TRACK Oceánico e comprobar moi ben a ruta oceanica, xa que, moito tempo pasase fora da cobertura radar.
12.- ¿Cal dos dous tipos de voo prefires?
Prefiro o voo corto. O que máis me gusta dun vo é despegar e aterrizar. En voos cortos nun día podo facer 4 despegues e aterraxes. Nun voo longo despois de 12 horas de voo so hai un aterraxe.
O que máis me gusta do voo é despegar e aterraxe

Cockpit dun A320 durante un amanecer / Félix Piquero
13.- ¿Cómo é estar fora da casa esperando a volver despois dun voo transoceánico?
Depende da duración da estancia. Se son 24 ou 36 horas pasanse rápidamente. Se tes que estar 5 ou 6 días fora xa é diferente, e custa un pouco máis.
14.- ¿Cómo son as medidas de seguridade nos distintos aeroportos ? Hai tanta diferencia en aeropuertos como o de Madrid e os de República Dominicana, Cuba, etc.
Bueno, pois hai uns mínimos de seguridade, a partir de ahí uns son máis estrictos que outros.
15.- ¿Cómo se calcula o peso dun avión ?
Bueno, os avións son pesados en basculas especiais cada certo tempo. Ponse unha bascula en cada tren de aterraxe e sacase o peso e o que non é menos importante o centro de gravedade. Dícese que os avións engordan co tempo.
Respecto ó peso dos pasaxeiros hai unhas táboas que dependeendo do tipo de voo (regular/charter) e do mesmo pasaxeiro (masculino/femenino/children) asignaselle un peso.
16.- Os voos a sudamérica levan moitas maletas e van completos de pasaxeiros, custa levantar un A340/A330 en Barajas ?
Si se refire a esforzo físico, non. Non custa rotar o avión. Se se refire ó reximen de ascenso, este é menor canto maior é o peso da aeronave. Fíxese que os bimotores están deseñados para continuar o despegue ó seu máximo peso cun so motor.
Hai varios factores á hora que o avión poda “sacar” máis peso ou menos dun aeroporto. O máis importantes : temperatura, altura e vento que afectan directamente á densidade do aire. No verán un avión recorre más distancia para despegar que en inverno.

Cockpit MD88 / Félix Piquero
MD
17.- ¿qué opinas do MD?
É un avión fantástico e teñolle moito cariño. Sempre dixen que voaría de luns a venres o 320 e os fins de semán o MD para disfrutar do vo.
18.- Os pasaxeiros sinten un ascenso máis pronunciado que nun Airbus 320 por exemplo, é certo que ten un ascenso tan incrible ?
Sí, o MD sube moito. Parece un pequeno caza. E o son é espectacular. Encantame escoitalo na cabeceira. Xa quedan poucos motores así, e cada vez menos…
O MD sube moito… parece un pequeno caza…
19.- ¿Crees que a prensa foi moi inxusta con este modelo de avión dende o accidente de Spanair ?
Sí, pero como sempre neste país. Normalmente non se documentan o suficiente e búscase máis a noticia que venda que a real.
20.- ¿Qué opinas das noticias que saen na prensa relacionadas con accidentes, incidentes ou meras anécdotas aéreas?
Pois como decía antes , a noticia soese ofrecer ó público dende o punto de vista que venda máis. Algunha vez leín frases decindo que estiveron ó borde da morte, e logo so fora unha simple frustrada.
leín frases decindo que estiveran ó borde da morte… so fora unha frustrada…
Seguridade e medio ambiente
21.- ¿Crees que as aerolíñas deberían facer máis por protexer ó medio ambiente? ¿Renovando as flotas?
Creo que, en xeral, todos deberíamos facer máis polo medio ambiente. Cando se cambia unha flota soese facer por temas económicos ( reducción de combustible) que por sorte traen unha reducción das emisións.
22.- ¿Crees que as medidas de seguridade son suficientes actualmente? ¿Son correctos os mantementos que se siguen actualmente ?
Sí. En Europa o listón está moi alto. Eu nunca subín a un avión dunha aeroliña europea preocupado polo mantemento do avión.
Nunca subín a un avión dunha aeroliña europea preocupado polo mantemento.
23.-¿España debería incrementar as revisións ás que somete ós avións españois e estranxeiros ?
Non podo contestar. Sei as revisóns que me fixeron a min , pero non sei o número total, nin porcentaxes para opinar se son moitas ou non.
Sindicatos
24.- ¿Qué opinas dos sindicatos de pilotos españois? ¿Sintese identificado con algún? ¿Pertence a algún?
Pois son unha ferramenta para protexer ó traballo dos pilotos. Pertenzo ó SEPLA e a verdade é que cando tiven problemas volcaronse ca súa axuda.

Outro dos modelos voados por Félix
25.- ¿Protexen ó piloto realmente ? ó pasaxeiro ? Preocupanse da seguridade aeronáutica?
Sí, creo que protexen ó piloto, ademáis de preocuparse moi enérxicamente pola seguridade aeronáutica, o que conleva que finalmente protexen ó pasaxeiro.
Mercado Aéreo
26.- ¿Cómo ves o mercado aéreo actualmente? ¿Notas algunha recuperación?
Vexo o mercado moi mal, e creo que todavía no tocamos fondo.
27.- ¿Cree que o mercado low-cost é cada vez máis forte? con máis futuro ?
Sí, as low-cost cada vez teñen máis forza, e máis cota de mercado. Moitas veces están subvencionadas en parte por axudas de comunidades autónomas e/ou axuntamientos, polo que o futuro das low cost vexono ligado a eses acordos.
todavía non tocamos fondo
Crisis nas aerolíneas
28.- Cada vez máis aerolíñas teñen problemas, reducen rutas, etc. Qué opinas das medidas que se están tomando? Por exemplo, Spanair, recortou rutas e plantexouse un crecimento máis progresivo…
Bueno, o gran problema é a actual crisis económica. Espero que cando salgamos de ela, o mercado remonte. As aerolíñas estanse vendo obligadas a reducir destinos, frecuencias, e frota, o que a súa vez supón recortes nos postos de traballo.
29.- Coñeces o caso de Olympic Airlines de preto, cómo pode ser que unha aeroliña de bandeira vaise a baixo por segunda vez ? Agora chamarase Olympic Air e tratará de remontar voo de novo, qué opinas ?
Bueno, Olympic era unha compañia estatal. Ca característica xeografía de Grecia é casi obligado o uso do avión para voar de illa a illa. Isto non sempre é económico para unha compañía privada pero o estado non pode dexar incomunicadas esas illas. Por exemplo, nos primeiros voos do día (5am) hacia ás illas so levabamos 20 ou 30 pasaxeiros, pero as bodegas ían cheas de carga,periódicos e correo.
Spotters
30.- ¿Considerase un spotter?
Sí, aínda que recoñezo que o verdadeiro spotter é o que pasa horas e horas no perímetro do aeroporto á espera do avión que quere cazar.
31.- ¿Qué opina dos Spotter?
Pois creo que é unha afición moi bonita. Dende pequeno ía ó lado do aeroporto a ver despegar ós avións. Agora ademáis os fotografío.
Anécdota
32.- ¿Pode contarnos algunha anécdota, incidente, que lle ocurrese nalgún dos seus voos ?
A verdade é que nestes 10 anos de profesión hai moitas, e espero que veñan moitas máis. Acórdome que levando peregrinos á Meca dende Marrocos, pedíanche a dirección da Meca para rezar. Incluso na ficha de aproximación inicial decíanche un punto para indicalo ós pasaxeiros, para que fixeran unha oración.

O modelo de avión amado por Félix Piquero
Dende Gallaecia Spotters queremos agradecer a Félix Piquero todas as facilidades que nos deu para facer a entrevista e por suposto o tempo que nos adicou. Un abrazo amigo!
Nota: esta entrevista foi publicada no número 25 de Aviación Comercial









Muy buena la entrevista, como de costumbre, enhorabuena.
Gracias Julio.
Me alegro de que te guste. Y como ya te adelanté, tenemos preparada otra gran sorpresa para este mes. Te va a gustar mucho!
Muy completa la entrevista. Buen trabajo, seguid así
Muchas gracias Adrián, espero con ansia esa sorpresa. ^^
Sinceramente son muy completas e interesantes las entrevistas. Al menos a mí me gusta leerlas con atención.
Buen trabajo.
Hola a todos, hace tiempo que os sigo y con este comentario quiero felicitar a Adrián por esta entrevista. Me parece muy completa e interesante.
Un saludo.
Buena entrevista chavales!!
Resulta sorprendente que este colega cuando se le hace la entrevista, lleva meses que no le pagan su salario, y esta sufriendo una situacion penosa en la operacion de vuelo, y es incapaz de manifestarlo en la entrevista, en la que habla de las dificultades de Spanair y otras cuando su empresa tiene ya los dias contados, y el lo tiene asumido. Que bucolico todo, que idilico. pero que falsa es la entrevista.