Apoio ós traballadores de Air Comet
Dende Gallaeciaspotters, queremos expresar o noso apoio a todos os traballadores de Air Comet. Nestas datas o peor regalo que lle podía chegar era este, rematar sen cobrar 6 ou 7 nóminas e que a súa compañía quede sen licencia de voo e que peche de un modo parecido a Air Madrid.
Esperemos que estas datas levante o ánimo das familias que levan todo este ano pendentes dun pequeno fío que rematou por romper.
Sabemos que este non é o lugar de facer ningún tipo de valoración política, pero dende Gallaecia Spotters pensamos que tanto o presidente da CEOE como o seu vicepresidente, non están en condicións de seguir dirixindo un colectivo como a CEOE dadas as condicións nas que se atopan e o marco económico no que nos atopamos.








