Aero L39 Albatros en A Coruña
O día 10/10 chegou a A Coruña un L39 Albatros. Pasou alí dous días. Por suposto o L39 non é un avión habitual por España e por suposto tampouco é habitual por Galicia. É un entrenador fabricado e deseñado na antiga checoslovaquia, aínda que ten diversas aportacións soviéticas. É o avión usado pola patrúlla acrobática do exército checo. O seu deseño data de 1960 e o seu primeiro voo foi o 4 de novembro de 1968.

L39 Albatros / José Luís Maquieira
+ Fotos de José Luís Maquieira
Este avión é un dos preferidos dos ricos pilotos de estados unidos como avión a reacción privado. Un xoguete que non está ó alcance de todos. Conta cun equipo acrobático civil o Breitling Jeat Team, equipo que fai exhibicións por todo o mundo.
Breitling Jet Team Dubai
Os límites operacionais son de +8G a -4G e de 4200 Kg. Está propulsado por un motor Ivchenko AI-25, de deseño soviético. Ten varias versións, con armamento, con armamento lixeiro, sen armamento. Dependendo do cometido usarase unha ou outra variante. + INFO.
Manobras combate...








