Inicio > Acrobacia, Entrevistas, Noticias > Quero gañar un mundial para o meu mestre, Vytas Lapenas

Quero gañar un mundial para o meu mestre, Vytas Lapenas

Xoves, 26 de Novembro de 2009   Print This Post

Hoxe falamos de Cástor Fantoba, un dos mellores pilotos acrobáticos de España e recente campeón da Copa Triangular de Voo Acrobático.Ademáis é Enxeñeiro Aeronáutico e conta con varias habilitacións de avións comerciais, así como unha amplia experiencia en extinción de lumes. Cástor colaborou con Gallaecia Spotters para contarnos un pouco máis da vida dun piloto acrobático e darnos a súa opinión do Festival Aéreo de Vigo.

Gustariame gañar un mundial para dedicarllo ó meu maestro, Vytas Lapenas

Castor Fantoba

Castor Fantoba / Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance

Ficha Técnica

Nombre: Cástor Fantoba
Edade: 43 anos
Lugar de Procedencia: Pamplona
Dedicación Profesional: Piloto de Liña Aérea

1.- ¿Por qué empezache como piloto? ¿Qué che impulsou ?
Casualidades, como todo na vida. Un amigo meu animoume a presentarme á Academia Xeral do Aire. Non conseguí ingresar, pero dende entón, dirixín os meus esforzos en voar.

2.- ¿De qué habilitacións dispós?
Son Piloto de Liña Aérea e dispoño de varias habilitacións de Boeing, B737, B757 e B767, ademáis da habilitación Agroforestal.

Acrobacia

Castor Fantoba

Asinando autógrafos / Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance

3.- ¿Cando decides dedicarte á acrobacia? ¿ Por qué ?
Como che dixen antes, outra vez por casualidade, grazas a un amigo que me invitou a un curso de recuperación de manobras anormais. Aquí comeza a miña paixón poa acrobacia e desde ese momento xa non puden parar.

4.- ¿Pódese vivir da acrobacia ?
Claro que non.

5.- ¿Cómo ves a acrobacia en España?
Agora mesmo hai grandes perspectivas gracias ó grupo que creou Vytas Lapenas. Son obra súa ou dos que convivimos con él, a Copa Triangular e o grupo acrobático de Casarrubios. Non podo decir o mesmo da Federación.

Agora mesmo hai grandes perspectivas na acrobacia española gracias ó grupo que creou Vytas Lapenas

6.- ¿Cómo xorde Unlimited Aerobatics? ¿Qué persigues con ela?
Canalizar dalgunha maneira toda a dedicación hacia o voo acrobático que estamos levando a cabo miña muller e eu nos últimos anos, tanto de cara ó voo acrobático, como á recuperación de avións antigos ou á difusión do voo.

Patrulla Culebra / Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance

Patrulla Culebra / Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance

7.- ¿ E a Patrulla Culebra?
Unha gran idea de Vytas Lapenas que desembocou en nun proxecto fantástico.

E tanto!!,  encantannos vervos polos ceos…

8.-¿ Cal é o avión acrobático que máis che gusta? Cal crees que é o mellor:Sukhoi 26 vs MXR MX2 vs Zivko Edge 540 vs Extra 300 ¿Tes pilotado todos ?
Para min sen dúbida o Su26. O único que no voei é o MX2, pero sen embargo metería no grupo o SBach ou Extreme. É un monocasco de composite que vai dar que falar nos vindeiros anos.

9.- ¿Cómo é a preparación física dun piloto acrobático? ¿Cantas horas dedicas á preparación?.
Tres sesións semanais de Ximnasio con Spinning, pesas e estiramentos, e tres días á semana de voo.

10.- ¿Cantas G podes chegar a soportar?
Nun programa de competición podemos traballar entre 10 G positivas e 7 G negativas.

Exhibición VS Competición

11.- ¿É moi diferente a Exhibición da competición? ¿ En cal disfrutas máis?
Ambas son moi gratificantes. A competición é moi demandante e esixe gran concentración e preparación. A exhibición é máis relaxada e traballas para o espectador, para facerlo disfrutar.

A exhibición é máis relaxada e traballas para o espectador, para facelo disfrutar.

Repasando... / Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance

Repasando... / Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance

12.- ¿Cómo son as horas antes dunha competición? ¿ traballo anterior ?
Sen horas para descanso, concentración e preparación dos programas. Debes aillarte do mundo e repasar unha e outra vez as manobras ata a saciedade. Isto o facemos tamén antes dunha exhibición, repetilas manobras ata a saciedade.

13.- ¿Qué che gustaría gañar na acrobacia nacional e na internacional ?
Gustaríame gañar un mundial para dedicarllo ó meu mestre, Vytas Lapenas.

Copa Triangular

14.-¿ Cómo esperabas rematar este ano a Copa Triangular de Voo Acrobático 09 ?
Quería gañar, por suposto… pero sabía que Juan Velarde non mo ía a poñer fácil.

15.- ¿Qué significou para ti esta victoria ?
Unha gran satisfacción despois de dous anos quedando en segunda posición, e ademáis decidindose todo sempre na última proba. Foi moi duro conseguir a victoria, ainda que normal tendo en conta a calidade dos rivales.

16.- Gañache ante un rival moi difícil (Juan Velarde) e un amigo e compañeiro de patrulla, ¿foi difícil?
Por suposto, foi moi complicado. A súa calidade é moi grande e nunca é fácil batirlle.

jt_8_peq17.- ¿Cales son as diferencias entre a CTVA, Campeonato de Acrobacia e Red Bull Air Race?
A Copa Triangular é un Campeonato de Acrobacia clásica e de Freestyle, nas categorías existentes na Normativa internacional. Os programas de ilimitado poden chegar a ser máis complicados que nas competicións internacionais, xa que, son moitas máis as figuras permitidas. O Freestyle computa para o resultado final: gaña o piloto máis completo.
Un Campeonato de Acrobacia varía en función da Normativa que o rixe. A Copa Triangular e un Campeonato do Mundo son Campeonatos de Acrobacia, pero con reglas diferentes.

A Red Bull Air Race é, como o seu nome indica, unha carreira. Inclúe algún elemento de voo acrobático, pero son moi poucos.

Quedame moito camiño todavía… moito por aprender… moitas figuras por inventar… moito por cambiar neste deporte

18.- ¿ Qué fai falta para estar na Red Bull Air Race? ¿ Gustaríache competir nela?
Primeiro cumplir uns requisitos mínimos, como son estar entre a primeira metade dos postos dunha competición oficial internacional, xa sexa, Campeonato Mundial, Europeo, Grand Prix…, e logo ser invitado ós Campos de Entrenamentos da Carreira. Se pasas o filtro, estás dentro.

Gustarme, pois claro que sí me gustaría competir.

19.- ¿Qué che queda por gañar ? ¿ a polo mundial ?
Quedame moito camiño todavía. Moito por aprender, moitas figuras por inventar e moito por cambiar neste deporte.

Ready for take off!! - Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance

Ready for take off!! - Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance

Spotters

20.- ¿Qué opinas dos Spotters ?
Pois estades facendo unha labor de difusión extraordinaria.Vos convertichedes no escaparate da aviación. Se queres ver se estás no candeleiro, tes que chequear as vosas páxinas.

Vigo

21.- ¿ Qué che parece o FAV ? ¿ Cambiarías algo ? ¿ votas de menos algo ?
Pareceme un gran Festival, máis maduro cada ano que pasa, pero todavía é moi dependente da aviación Militar. É difícil o equilibrio, pero constame que estase a intentar.

Os spotters vos convertichedes no escaparate da aviación.

22.- ¿ Gustouche a edición de este ano ?
Sí, foi espectacular. Cada ano atopamos unha sorpresa, e este ano foi un gran B52.

Anécdota

23.- Contanos algunha anécdota que che ocorrese durante unha exhibición ou competición

Cando estaba traballando nunha empresa de escritura con fume, o cal non deixa de ser unha exhibición, estábamos pintando os nomes das marcas patrocinadoras sobre o circuito do Jarama. A carreira ganouna o xaponés Yoshi Harada. Ó acabar a carreira, pedironme dende terra se podía escribir o apelido do gañador. Eu dixen que sí. Eu non seguía as motos, polo que comecei a escribir “ARADA”. Cando levaba as tres primeiras letras, advirtieronme de que faltaba a H e o puiden correxir. Se non o fixera, sería a falta de ortografía máis grande (en tamaño) da historia, con letras de 2 KM de largo…

Se non me advertisen, sería a falta de ortografía máis grande da historia… con letras de 2 KM de largo…

En el FAV 2009... / Foto: Adrián Chapela - Gallaecia Spotters

No FAV 2009... / Foto: Adrián Chapela - Gallaecia Spotters

Palmarés

Título

Lugar

Año

Premio Flyer a su trayectoria deportiva

2005

Campeón Absoluto, Copa Triangular de Vuelo Acrobático

2006

Primera posición, Programa Q, Campeonato del Mundo

Granada, ESP

2007

Cuarta posición, Categoría Masculino, Campeonato del Mundo

Granada, ESP

2007

Medalla de Plata por Equipos, Campeonato del Mundo

Granada, ESP

2007

Medalla de Bronce por Equipos, Campeonato de Europa

Hradec, CZE

2008

Cuarta posición, Categoría Masculino, Campeonato de Europa

Hradec, CZE

2008

Subcampeón de Europa de Freestyle, Campeonato de Europa

Hradec, CZE

2008

Subcampeón del FAI Grand Prix de Japón

Motegi, JPN

2008

Campeón de España Absoluto

2009

Campeón FAI WEAF

Constanza, RO

2009

Para Gallaecia Spotters foi un placer poder contar ca súa colaboración para poder realizar esta entrevista. Gracias polo teu tempo!

Nota: esta entrevista foi publicada no número 141 de Aviación general y deportiva.

Gallaecia Spotters Acrobacia, Entrevistas, Noticias , Print This Post

  1. Julio Alberto
    Venres, 27 de Novembro de 2009 ás 01:41 | #1

    ¡Muy buena la entrevista!

  2. Venres, 27 de Novembro de 2009 ás 20:57 | #2

    Gracias Julio Alberto! Seguimos trabajando para ofrecer más y mejores entrevistas y no olvidamos tu sugerencia!!! No te aseguro que la conseguiremos, pero lo vamos a intentar!

  1. Ainda sen trackbacks.