Archivo

Arquivo para a categoría ‘Aerolíneas’

Un volcán de Islandia colapsa o espacio aéreo europeo

Venres, 16 de Abril de 2010

No día de onte un volcán do glaciar Eyjafjllajokull mantén en terra gran parte da frota europea de avións. Moitos dos principais aeroportos europeos están pechados nestes momentos, debido á gran nube de cinza que cubre gran parte do continente europeo.

Para hoxe están programados 11000 voos, o que dista bastante da cifra dun día normal que é 28000 voos aproximadamente, e so sobre 100 voos trans oceánicos partirán hoxe de europa dos habituais 300. Onte foron cancelados uns 5000 voos e parece que afectará ós voos da fin de semán. Todo dependerá da evolución da nube, pero semella que ata o luns non teremos unha situación de total normalidade.

Ás prohibicións de onte súmanse as dos aeroportos Alemáns (Fráncfort,Tegel e Schönefeld en Berlín, os de Hamburgo, Düsseldorf, Hannover, Bremen, Münster, Colonia e Leipzig), Holanda tamén conta cos seus aeroportos pechados (prevee abrir ás 20:00), Francia pechou algún dos seus aeroportos (Como Orly e Charles de Gaulle dende as 23:00 de onte), Polonia (zona norte), Bélgica (prevee abrir as 18:00), Estonia, Letonia, Lituania, Austria e República Checa. Moitos de estes aeroportos pensan volver a operar hoxe ás 14:00, 18:00 ou as 20:00 pero todo dependerá da evolución da nube de cinza.

No caso de Polonia podería afectar ó voo das múltiples personalidades que pensaban asistir ó enterro do presidente Polaco, fallecido no recente accidente dun Tupolev 154M, Lech Kaczynski.

Eurocontrol actualizará a súa web con información máis detallada da situación.

Como dato, decir que a medida responde a que xa se ten constancia de como respode un avión ante a cinza. En 1982 un Boeing 747 , de British Airways cruzou a cinza dun volcán do Monte Galunggung en Yakarta. Este avión adentrouse nunha nube de cinza o que provocou que os catro motores deixaran de funcionar. Os pilotos trataron de planear o máximo posible co avión mentras trataban de acender de novo os motores. Finalmente as máscaras de oxixeno saltaron o que fixo que o capitán tomase a decisión de descender ata unha altura con aire respirable, o que provocou a saida da nube e que os motores volvesen a funcionar. Finalmente aterrou en Yakarta con un motor avariado e o parabrisas completamente inservible. Pese a todo foi unha aterraxe perfecta. Para os que lle gusten os videos, deixámosvos unha recreación da situación da serie Mayday: All Engines Failed Pt.1

Máis Info:

Adrián Chapela Cordeiro Aerolíneas, Aeroportos, Aviones

Manifestación de Air Comet, Martes 29

Luns, 28 de Decembro de 2009

O Martes 29 ás 11:00 no Ministerio de Fomento, celebrarase unha manifestación para denunciar a situación de Air Comet e para que a aerolínea que use os Slots de Air Comet, recoloque parte dos 700 traballadores afectados polo peche da compañía.

aircomet

Así que xa sabedes, se queredes apoiar, o Martes 29 ás 11:00 en Nuevos Ministerios.

Adrián Chapela Cordeiro Aerolíneas

Apoio ós traballadores de Air Comet

Martes, 22 de Decembro de 2009

Dende Gallaeciaspotters, queremos expresar o noso apoio a todos os traballadores de Air Comet. Nestas datas o peor regalo que lle podía chegar era este, rematar sen cobrar 6 ou 7 nóminas e que a súa compañía quede sen licencia de voo e que peche de un modo parecido a Air Madrid.

Esperemos que estas datas levante o ánimo das familias que levan todo este ano pendentes dun pequeno fío que rematou por romper.

aircometSabemos que este non é o lugar de facer ningún tipo de valoración política, pero dende Gallaecia Spotters pensamos que tanto o presidente da CEOE como o seu vicepresidente, non están en condicións de seguir dirixindo un colectivo como a CEOE dadas as condicións nas que se atopan e o marco económico no que nos atopamos.

Adrián Chapela Cordeiro Aerolíneas, Noticias

Making Off Calendario Ryanair

Mércores, 18 de Novembro de 2009

Un ano máis Ryanair volve a facer o calendario Ryanair. Este ano aínda non causou tanta revolta como anos anteriores. Máis de 800 TCP femeninas anotáronse un ano máis para colaborar nesta acción benéfica.

Este ano Ryanair colabora ca ONG “KIDS”.

Para as nosas seguidores femeninas, propoñerlle que fagan suxerencias a Ryanair para que fagan un calendario masculino… non lles gustaría ?

Máis Info:

Gallaecia Spotters Aerolíneas , , ,