Archivo

Arquivo para a categoría ‘Acrobacia’

A Red Bull decidirase en Alemania

Martes, 13 de Xullo de 2010

Hoxe enteramonos de que Budapest tamén  é anulada, así pois a última carreira será o 7 e 8 de Agosto en Alemania, EuroSpeedway, Lausitz.

RBAR BudapestPerderemonos un espectáculo nun marco incomparable como é o río Danubio ó seu paso por Budapest.

Unha pésima nova para os amantes da Red Bull e da aviación deportiva en xeral. Despois da desaparición de Barcelona e da cancelación de Lisboa, Lausitz será a única oportunidade de ver a Red Bull en Europa.

Esperemos que non se cancele esta última carreira e polo menos teñamos un final do campeonato Red Bull emocionante e Hannes Arch loite por superar a diferencia de 5 puntos que lle separan de Paul Bonhomme.

Os motivos para a cancelación desta carreira foro os retrasos na obtención dos permisos para a celebración da mesma, igual que no caso de Lisboa.

Máis info:

Adrián Chapela Cordeiro Acrobacia, Air Shows

Novo susto na Redbull de Windsor, Canadá

Domingo, 6 de Xuño de 2010

Matt Hall levou un susto nas calificacións de onte. O seu avión chega a tocar a auga, pero consigue salir sin problemas, alucinante!

Polo momento Lamb é o que mellor tempo fixo, seguido de Bonhomme e Arch a 3 segundos de diferencia (Calificación). Esperemos que se poida celebrar a carreira con normalidade e que poidamos ver un espectáculo que poña interesante a clasificación xeral!

Adrián Chapela Cordeiro Acrobacia, Air Shows, Eventos

A Red Bull comeza en Perth co seu primeiro susto

Xoves, 15 de Abril de 2010

O primeiro susto da historia da Red Bull chegou hoxe en Perth. O rookie Adilson Kindelmann perdeu o control do seu MXR-S e precipitouse á auga.

A rápida resposta dos mergulladores e das patrullas de rescatadores da Red Bull fixo que o que parecía unha traxedia rematase nunha mera anécdota. Todos os pilotos felicitaron á organización pola rápida e efectiva resposta durante o rescate do piloto, o que demostrou que para a Red Bull Air Race a seguridade é a súa máxima prioridade.

Esperemos que isto non faga que este fin de semán non se poida disfrutar dunha nova e emocionante carreira na cidade de Perth (Australia).

SMOKE ON!!

Adrián Chapela Cordeiro Acrobacia, Air Shows, Desastres ,

Quero gañar un mundial para o meu mestre, Vytas Lapenas

Xoves, 26 de Novembro de 2009

Hoxe falamos de Cástor Fantoba, un dos mellores pilotos acrobáticos de España e recente campeón da Copa Triangular de Voo Acrobático.Ademáis é Enxeñeiro Aeronáutico e conta con varias habilitacións de avións comerciais, así como unha amplia experiencia en extinción de lumes. Cástor colaborou con Gallaecia Spotters para contarnos un pouco máis da vida dun piloto acrobático e darnos a súa opinión do Festival Aéreo de Vigo.

Gustariame gañar un mundial para dedicarllo ó meu maestro, Vytas Lapenas

Castor Fantoba

Castor Fantoba / Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance

Ficha Técnica

Nombre: Cástor Fantoba
Edade: 43 anos
Lugar de Procedencia: Pamplona
Dedicación Profesional: Piloto de Liña Aérea

1.- ¿Por qué empezache como piloto? ¿Qué che impulsou ?
Casualidades, como todo na vida. Un amigo meu animoume a presentarme á Academia Xeral do Aire. Non conseguí ingresar, pero dende entón, dirixín os meus esforzos en voar.

2.- ¿De qué habilitacións dispós?
Son Piloto de Liña Aérea e dispoño de varias habilitacións de Boeing, B737, B757 e B767, ademáis da habilitación Agroforestal.

Leer máis…

Gallaecia Spotters Acrobacia, Entrevistas, Noticias ,

Bonhomme gaña en Barcelona

Domingo, 4 de Outubro de 2009

Bonhomme gaña en Barcelona e consigue o campeonato mundial.

E se fixo unha foto con nós!!

Paul Bonhomme e Kiko

Gallaecia Spotters Acrobacia, Air Shows, GallaeciaSpotters

Alex Mclean introducindo o circuito de Barcelona

Venres, 2 de Outubro de 2009

Este fin de semana a Red Bull Air Race 2009 chega ó seu fin en Barcelona. A última cita da tempada e Alex Mclean ven moi motivado. Esperemos que poida facer un bo resultado!!

Polo momento temos que conformarnos en velo facendo unha intro sobre o circuito de Barcelona. Unha narración con velocidade ó límite!!. Está en inglés, pero merece a pena.



Nós estaremos disfrutando da competición en Barcelona! SMOKE ON!!!

Gallaecia Spotters Acrobacia, Air Shows, Eventos