Pois parece ser que finalmente cancelase a Red Bull Air Race de Lisboa. Despois da cancelación de Barcelona esta é a peor noticia que podíamos esperar os aficionados portugueses e españois que esperabamos disfrutar dun evento como unha carreira da Red Bull.
So queda esperar un ano máis!
Para os máis impacientes que saiban que poden ir a Alemania ou Hungría, que serán as últimas carreiras da Red Bull Air Race.
Dende Gallaeciaspotters, queremos expresar o noso apoio a todos os traballadores de Air Comet. Nestas datas o peor regalo que lle podía chegar era este, rematar sen cobrar 6 ou 7 nóminas e que a súa compañía quede sen licencia de voo e que peche de un modo parecido a Air Madrid.
Esperemos que estas datas levante o ánimo das familias que levan todo este ano pendentes dun pequeno fío que rematou por romper.
Sabemos que este non é o lugar de facer ningún tipo de valoración política, pero dende Gallaecia Spotters pensamos que tanto o presidente da CEOE como o seu vicepresidente, non están en condicións de seguir dirixindo un colectivo como a CEOE dadas as condicións nas que se atopan e o marco económico no que nos atopamos.
Parece que por fin todos os problemas do 787 Dreamliner están solventados e xa temos ó primeiro Boeing 787 voando. As informacións voan por internet, hai de todo, vídeos, fotos, ruta … vamos, todo o mundo estaba esperando ver ó 787 levantando o morro do chan e iniciando o ascenso hacia o éxito. Deixámosvos un video do webcast que estivo dispoñible na web de boeing:
O Boeing 787 Dreamliner, terá tres variantes, que se diferencia sobre todo na rango de acción e na capacidade:
Esperemos que realmente todo esté solventado e poidamos ver a esta nova maravilla da enxeñería polos aeroportos do mundo. En españa Air Europa será o primeiro operador de este novo modelo de Boeing.
Hoxe falamos de Cástor Fantoba, un dos mellores pilotos acrobáticos de España e recente campeón da Copa Triangular de Voo Acrobático.Ademáis é Enxeñeiro Aeronáutico e conta con varias habilitacións de avións comerciais, así como unha amplia experiencia en extinción de lumes. Cástor colaborou con Gallaecia Spotters para contarnos un pouco máis da vida dun piloto acrobático e darnos a súa opinión do Festival Aéreo de Vigo.
Gustariame gañar un mundial para dedicarllo ó meu maestro, Vytas Lapenas
Nombre: Cástor Fantoba Edade: 43 anos Lugar de Procedencia: Pamplona Dedicación Profesional: Piloto de Liña Aérea
1.- ¿Por qué empezache como piloto? ¿Qué che impulsou ?
Casualidades, como todo na vida. Un amigo meu animoume a presentarme á Academia Xeral do Aire. Non conseguí ingresar, pero dende entón, dirixín os meus esforzos en voar.
2.- ¿De qué habilitacións dispós?
Son Piloto de Liña Aérea e dispoño de varias habilitacións de Boeing, B737, B757 e B767, ademáis da habilitación Agroforestal.
O primeiro avión fabricado por China fixo o seu primeiro voo de 1300 Km. O avión, un ARJ21-700 despegou de Shanghai e aterrou dúas horas máis tarde en Xi’an.
O fabricante do avión é AVIC I Commercial Aircraft Co.,Ltd. , e xa ten 35 encargos de aerolíneas Chinas. Ten unha capacidade máxima de 90 asentos e ofrecerase tamén na modalidade clase mixta, cunha capacidade de 78 asentos.