Archivo

Arquivo para a categoría ‘Entrevistas’

Airbus durante a semán… o MD para disfrutar no fin de semán

Mércores, 6 de Xaneiro de 2010

Hoxe falamos con Félix Piquero, comandante de líña aérea. Estivo a punto de ser piloto militar, pero finalmente rematou ós mandos dun deses “grandotes” que cruzan o atlántico. Actualmente voa en Airbus, pero ten claro cal sería o seu avión de fin de semana. Queres saber algo máis ? Pois imos a coñecelo!!

Félix Piquero nalgún lugar do atlántico

Ficha Técnica

Nombre: Félix Piquero
Edad:32
Puesto: Comandante

Ser Piloto

1.- ¿Por qué quiso ser piloto? ¿Donde estudiou para ser piloto? ¿Que tivera sido se non fose piloto?
Bueno, dende que teño coñecemento encantaronme os avións. Meu pai é Enxeñeiro Aeronáutico no Exercito do Aire e eu crieime sempre entre avións. Aínda hoxe en día, cando escoito calquer avión teño que darme a volta para velo.
Estudiei en Aeromadrid, logo entrei no Exercito do Aire como piloto de complemento, posto ó cal nunca cheguei a incorporarme, xa que, unha aeroliña ofreceime traballo.
En canto a que tivera sido… quizais outra profesión nas forzas armadas, ou tal vez algo relacionado ca informática. O que estou seguro é que ainda que non fose piloto seguiría sendo un gran aficionado á aviación.

De non ser piloto, seguiría sendo un gran aficionado á aviación

Leer máis…

Adrián Chapela Cordeiro Entrevistas

Quero gañar un mundial para o meu mestre, Vytas Lapenas

Xoves, 26 de Novembro de 2009

Hoxe falamos de Cástor Fantoba, un dos mellores pilotos acrobáticos de España e recente campeón da Copa Triangular de Voo Acrobático.Ademáis é Enxeñeiro Aeronáutico e conta con varias habilitacións de avións comerciais, así como unha amplia experiencia en extinción de lumes. Cástor colaborou con Gallaecia Spotters para contarnos un pouco máis da vida dun piloto acrobático e darnos a súa opinión do Festival Aéreo de Vigo.

Gustariame gañar un mundial para dedicarllo ó meu maestro, Vytas Lapenas

Castor Fantoba

Castor Fantoba / Foto: Josep Tomás - Spotters Alliance

Ficha Técnica

Nombre: Cástor Fantoba
Edade: 43 anos
Lugar de Procedencia: Pamplona
Dedicación Profesional: Piloto de Liña Aérea

1.- ¿Por qué empezache como piloto? ¿Qué che impulsou ?
Casualidades, como todo na vida. Un amigo meu animoume a presentarme á Academia Xeral do Aire. Non conseguí ingresar, pero dende entón, dirixín os meus esforzos en voar.

2.- ¿De qué habilitacións dispós?
Son Piloto de Liña Aérea e dispoño de varias habilitacións de Boeing, B737, B757 e B767, ademáis da habilitación Agroforestal.

Leer máis…

Gallaecia Spotters Acrobacia, Entrevistas, Noticias ,

¿Qué che gustaría preguntarlle a un piloto?

Martes, 10 de Novembro de 2009

Hoxe dámosvos a palabra, qué che gustaría preguntar a un piloto ? Esta é a pregunta que lanzamos. Estamos preparando varias entrevistas a pilotos e queremos que vos colaboredes nas próximas entrevistas que fagamos.

Ademáis gustaríanos que nos dixérades a quen deberíamos entrevistar nos vindeiros meses: piloto de bussiness jet, piloto de caza, piloto forestal, de helicóptero, de salvamento…

Aproveita agora que temos abertos os nosos oidos… pide o que queiras que che contemos!!

Gallaecia Spotters Entrevistas

O placer de sentirme co mundo ós meus pes

Martes, 9 de Xuño de 2009

Agustín Contreras é un piloto de liña regular. Voa como First Officer na compañía Ryanair. É unha persoa que disfruta voando e que colaborou con Gallaecia Spotters para contar a súa visión do que é ser piloto e o que significa para el voar. Acaba de empezar, pero xa ten claras moitas cousas, vexamos que nos conta:

Agustín Contreras en el avión

Agustín Contreras no avión


Ficha Técnica

Nombre: Agustín Contreras Alejandro
Idade: 26 años
Lugar de Procedencia: Málaga
Posto: First Officer
Aerolínea: Ryanair

1.- ¿Por qué quixeches ser piloto? ¿Donde estudaches para ser piloto? ¿Que serías se non foses piloto?

Preguntarme por qué quisen ser piloto é como o anuncio aquel, no que un fillo preguntaba ó pai por qué eran do “Atleti”…

A verdade é que todo comezou cando tiña 12 anos, nunha viaxe a Tenerife. A ida dende Málaga estaba tembloroso debido ó medo que sentía. Despois do voo de volta, mirei a meu pai e dixenlle: “Papá, quiero ser piloto”. Cando voo é como si deixara atrás os problemas, reportame tranquilidade, paz e por suposto o placer de sentirme co mundo ós meus pes.

Leer máis…

Gallaecia Spotters Entrevistas