Archivo

Arquivo para a categoría ‘Desastres’

Morre Alejandro MaClean

Mércores, 18 de Agosto de 2010

Onte tomabamos o café cunha das noticias máis tristes do panorama acrobático español. Alejandro Maclean perdía a vida entrenando en Casarrubios. Unha das maiores pérdidas dos últimos anos. O que fora o capitán do equipo español acrobático e único representante español da Red Bull Air Race falecía no aeródromo de Casarrubios mentras realizaba un entrenamento rutinario.

Alejandro Maclean cumplira 41 anos o pasado 6 de Agosto e o máis triste de todo é que deixa a dous nenos e unha muller aquí…
Despois de unha temporada rara a Red Bull despídese cunha das peores noticias que podíamos recibir.

I really hope you enjoy the race as much as I did

Gracias Alex!!

Adrián Chapela Cordeiro Air Shows, Desastres

A Red Bull comeza en Perth co seu primeiro susto

Xoves, 15 de Abril de 2010

O primeiro susto da historia da Red Bull chegou hoxe en Perth. O rookie Adilson Kindelmann perdeu o control do seu MXR-S e precipitouse á auga.

A rápida resposta dos mergulladores e das patrullas de rescatadores da Red Bull fixo que o que parecía unha traxedia rematase nunha mera anécdota. Todos os pilotos felicitaron á organización pola rápida e efectiva resposta durante o rescate do piloto, o que demostrou que para a Red Bull Air Race a seguridade é a súa máxima prioridade.

Esperemos que isto non faga que este fin de semán non se poida disfrutar dunha nova e emocionante carreira na cidade de Perth (Australia).

SMOKE ON!!

Adrián Chapela Cordeiro Acrobacia, Air Shows, Desastres ,

Yemenia IY749

Mércores, 1 de Xullo de 2009

Dende Gallaecia Spotters queremos expresar o noso pesar e o noso apoio ás familias e amigos dos pasaxeiros e tripulantes do voo Yemenia IY749.

Gallaecia Spotters Desastres , ,

Air France AF447

Luns, 8 de Xuño de 2009

Dende Gallaecia Spotters queremos expresar o noso pesar e o noso apoio ás familias e amigos dos pasaxeiros e tripulantes do voo Air France 447.

Gallaecia Spotters Desastres , ,